Solicitada unha reunión con Medio Ambiente da Coruña para abordar os verquidos de Nostián

O Comité de Albada trasladouse esta mañá até as dependencias que o departamento de medio ambiente do Concello da Coruña ten na Casa da Auga para solicitar por escrito unha reunión co responsábel municipal desta área.
25/1/13.

Esta solicitude enmárcase nas actuacións que a representación do persoal da planta de Nostián esta a levar a cabo logo de que a pasada fin de semana se producise un verquido de lixiviados ao mar, así como para paliar as filtracións destes residuos que se teñen detectado nas instalacións.

O obxecto desta xuntanza é abordar co responsábel municipal a situación na que se atopan as instalacións de tratamento de residuos de Nostián e trasladar a súa preocupación tanto polos riscos que ten para o medioambiente como para a saúde dos traballadores e traballadoras o feito de se produciren filtracións e verquidos de lixiviados.