Concentración para reclamar a readmisión das traballadoras da limpeza do Pazo de Congresos

Ten solicitado unha xuntanza co Presidente do Consorcio e celebra a rescisión do contrato a Atlántico de Congresos
A CIG-Servizos concentrouse este martes ás portas do Pazo de Congresos para protestar polo despedimento de todo o persoal le limpeza dese edificio, coincidindo cunha reunión da Dirección do Pazo co responsábel da empresa que era adxudicataria do servizo de limpeza e que desapareceu o día 28 de febreiro, deixándoo sen servizo de limpeza.
06/3/13.

A CIG-Servizos considera que tanto Atlántico de Congresos, empresa que xestiona o Pazo de Congresos, como Gespalia, empresa que tiña o servizo de limpeza son responsábeis desta situación e o Consorcio de Santiago, propietario do edificio, debe tomar cartas no asunto e resolver esta situación canto antes.

De feito a CIG-Servizos ten solicitado unha xuntanza co Presidente do Consorcio (Alcalde de Santiago), para tratar este asunto e neste sentido celebramos o anuncio por parte do Consorcio da rescisión do contrato a Atlántico de Congresos tal como reclamabamos a semana pasada.

As mobilizacións continuarán para reclamar a reposición das traballadoras nos seus postos coas mesmas condicións que ata agora.