O comité de FCC chega a un preacordo coa empresa que permitirá desconvocar a folga do lixo en Vigo

Os traballadores/as deberán ratificar este venres en asemblea unha proposta de convenio colectivo que non contempla recortes
O comité de empresa e a dirección de FCC chegaron hoxe a un preacordo que permitirá desconvocar a folga no servizo municipal de recollida do lixo de Vigo prevista para o vindeiro día 30. Os traballadores/as deberán ratificar este venres en asemblea unha proposta de convenio da que aínda non se coñece o contido pero que “non contempla recortes”.
21/3/13.

Dende o comité de empresa -con maioría da CIG- explican que o preacordo, que cualificaron de “satisfactorio”, foi posíbel tras dúas intensas xornadas de negociacións e despois da primeira mobilización celebrada diante da empresa. O comezo da folga estaba fixado para o vindeiro día 30.

Con todo, os representantes dos traballadores/as non fixeron públicos os detalles do pacto, xa que previamente ten que ser ratificado en asemblea polo cadro de persoal. A cita está fixada para este venres na nave da empresa ás 21.00 horas.