Proseguen as mobilizacións para esixir á readmisión da traballadora de Ferroser

Traballadores/as da empresa e persoal sanitario do Arquitecto Marcide concentráronse no vestíbulo do hospital
Este xoves proseguiron as mobilizacións semanais para esixir a readmisión dunha traballadora de Ferroser, destinada ao servizo de limpeza do Hospital Arquitecto Marcide, inxustamente despedida.
22/3/13.

A protesta contou co apoio tanto de persoal de Ferroser, como de outras empresas que prestan servizos no hospital e do propio persoal sanitario. E unha vez máis volveuse ir até o despacho do Xerente para pedirlle explicacións por este despedimento, xa que por parte da empresa se asegura que o Sergas rebaixou as horas e m2 da contrata, cousa que dende a CIG-Ferrol desmenten.

E unha vez máis, o xerente “non apareceu” nin atendeu as demandas do persoal.

As mobilizacións continuarán a vindeira semana, cunha concentración o mércores 27 de 12 a 13 horas.