O Comité de Albada denuncia que a planta de Nostián se atopa baixo mínimos

A representación dos traballadores/as alerta da saturación das instalacións por mor da falta de persoal
O Comité de Albada, empresa concesionaria da planta de Residuos Urbanos da Coruña, vén de denunciar que as instalacións de Nostián se atopan baixo mínimos, ao non contar con máis de 30 traballadores/as operativos/as. A esta situación chégase logo do despido de 12 empregados/as e o inicio das vacacións e ao non estar contratando a empresa a ninguén para a súa substitución.
13/6/13.

O Comité de empresa denuncia que esta situación está a provocar unha saturación das instalacións e unha case nula reciclaxe pola falta de persoal. Situación que se agravará coas festas do San Xoán ao incrementarse esa noite o volume de residuos -ao que xa é habitual- en máis de 200.000 toneladas de refugallos xerados nas praias.

Esta circunstancia fai que aumente moito o volume de refugallos que vai ao vertedoiro e que supón un importante incremento das facturas do transporte e depósito en vertedoiro.