Convocada folga indefinida na planta de reciclaxe de Lousame

FCC pretende recortar os seus salarios malia ter recoñecido en convenio un incremento salarial do 2%
As traballadoras e traballadores da planta de reciclaxe de Lousame convocan folga indefinida a partir do vindeiro 20 de xullo. A empresa concesionaria, FCC, pretende modificar as condicións do convenio e aplicar unha redución salarial, cando teñen pactado un incremento salarial do 2%.
10/7/13.

Segundo explica o secretario nacional de CIG-Servizos, Paulo Rubido, o convenio da planta de Lousame contempla no seu articulado a ultravixencia, mentres non se negocie un novo.

Esta cláusula está avalada polo propio TSXG que, en 2011 así o ratificou ente o intento da empresa de introducir modificacións ao respecto.

Rubido considera que a actitude da empresa responde aos problemas desta coa mancomunidade e entende que as traballadoras e traballadores non poden ser quen os paguen.