Traballadores/as da recollida do lixo de Ourense se mobilizarán se non lles ingresan a extra antes do día 20

Denuncian que Ecourense-UTE comunicoulle ao comité que non abonará a paga do verán e o salario de xullo
O comité de Ecourense-UTE, empresa que se encarga da recollida do lixo na cidade, acordou por unanimidade convocar mobilizacións no caso de que a compañía non abone a extra do verán antes do vindeiro día 20. Os representantes dos traballadores/as denuncian que a dirección xa comunicou que non ingresará a paga nin o salario do mes de xullo.
16/7/13.

A decisión do comité (CIG, UGT, CCOO, USO e CSIF) chega despois de que a empresa lles asegurase que non vai a paga extra de verán e a nómina de xullo, polo que desenvolverán protestas a próxima semana “se o día 20 deste mes non temos os cartos”. Ao mesmo tempo, os representantes dos empregados/as convocan unha asemblea de traballadores/as o día 19 ás 17.30 horas no salón de actos da AISS.

Finalmente, o comité manifesta o seu total rexeitamento “a ser utilizado para resolver as diferenzas entre a empresa e o Concello” e incide en que as súas actuacións van dirixidas única e exclusivamente a defender os lexítimos dereitos dos traballadores e traballadoras da empresa.