Desconvocada a folga na cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galiza en San Caetano

A empresa concesionaria, Santiago 2, ingresou a metade da extra e comprometeuse a pagar en breve o resto das débedas
A xornada de folga prevista para este martes na cafetería do edificio administrativo da Xunta de Galiza en san Caetano (Santiago de Compostela) foi desconvocada o pasado venres logo de que a empresa concesionaria, Santiago 2, ingresara ese mesmo día media paga extra e se comprometera a agar a outra media nos próximos días.
29/7/13.

O persoal da cafetería acordara a convocatoria porque a empresa, Santiago 2, está en concurso de acredores e tanto a empresa como o administrador concursal comunicaran ás traballadoras e traballadoras que non se cobraría nin esta paga, nin o finiquito cando se produza o cambio de empresa.

Ademais do ingreso da paga extra, a empresa concesionaria –que facturaba nesta cafetería entre 600 e 700.000 euros ao ano- comprometeuse tamén a pagar o finiquito.

O persoal de Santiago 2 reitera, en todo caso, o seu chamamento á Xunta de Galiza para que nas contratas que adxudique vele por contratar empresas solventes e que se garantan as condicións laborais do persoal.