Convocada folga na área de servizo de Medas á altura de Luou (Teo) da autoestrada Coruña-Vigo

O xoves 5 de decembro, de 14:00 a 16:00 horas polo despedimento dun compañeiro coa intención de amedrentar o conxunto do persoal
A empresa MEDAS, na área de servizo da autoestrada A Coruña-Vigo, á altura do concello de Teo, despediu hai aproximadamente 15 días a un traballador alegando causas económicas. Porén, a CIG-Servizos denuncia que se trata dun despedimento que ten como obxectivo amedrentar ao conxunto do persoal para que acepte, sen cuestionalos, os cambios das condicións laborais que a empresa MEDAS pretende impor.
03/12/13.

Esta empresa, hai máis de un ano xa intentou conxelar salarios e impedir os ascensos de categoría profesional, o que foi rexeitado pola delegada sindical no seu momento. Agora a empresa ten a pretensión de facer modificacións de horarios na busca de incrementar os seus beneficios económicos.

A CIG-Servizos reclama a inmediata readmisión do traballador e para iso convoca esta primeira folga parcial das 14:00 ás 16:00 horas, o vindeiro xoves día 5 de decembro, e anuncia que lle dará continuidade no tempo de non se solucionar esta situación.