Persoal de lavandarías mobilízase contra os recortes que a patronal prepara para o novo convenio

A protesta desenvolveuse no Hospital Quirón da Coruña, xa que é cliente dunha das empresas máis grandes do sector
Persoal de lavandarías desenvolveu unha concentración na mañá deste venres, diante das instalacións do Hospital Quirón da Coruña, para denunciar os intentos da patronal de recortar dereitos consolidados no novo convenio provincial de Lavandarías, Tinturerías e Pranchado de Roupa, que se está a negociar.
17/1/14.

Entre outros retrocesos, explica Roberto Alonso, Secretario Comarcal da CIG-Servizos de Compostela, a patronal pretende aplicar unha conxelación salarial (nun sector no que os salarios apenas acadan os 700 euros), eliminar o plus de antigüidade e suprimir o plus de actividade industrial para aquelas empresas de máis de 27 traballadoras/es.

A protesta desenvólvese diante do Hospital Quirón para dar a coñecer o conflito laboral entre os usuarios/as do mesmo, xa que este centro médico é cliente de INDUSAL, unha das empresas máis grandes do sector.