Mobilización do persoal de lavanderías contra os recortes no novo convenio

Concentráronse diante do Hospital Clínico, en Compostela, que opera cunha das principias empresas do sector
Persoal do sector de lavandarías concentrouse o pasado venres -para darlle continuidade as mobilizacións iniciadas a pasada semana- diante do hospital Clínico de Compostela. Denunciaban así a pretensión da patronal de introducir recortes de dereitos consolidados no novo convenio provincial de Lavandarías, Tinturerías e Pranchado de Roupa, que se está a negociar.
27/1/14.

Segundo explicou o secretario comarcal da CIG-Servizos de Compostela, a patronal presentou unha proposta que contempla a unha conxelación salarial nun sector no que os salarios apenas acada nos 700 euros; eliminar o plus de antigüidade e suprimir o plus de actividade industrial para aquelas empresas de máis de 27 traballadores e traballadoras.

Con esta  concentración diante do Hospital Clínico as traballadoras/es afectadas/os pretendían dar a coñecer o conflito laboral aos/as usuarios/as do mesmo, xa que os centros hospitalarios públicos son os principais clientes das empresas máis relevantes do sector de Lavandarías, Tinturerías e Pranchado de Roupa.