CIG-Ferrol denuncia a Cleanet ante a Inspección polos continuados atrasos no pago dos salarios

A Confederación Intersindical Galega de Ferrol presentou denuncia ante a Inspección de Traballo contra a empresa Cleanet polo atraso no pago das nóminas ao persoal da limpeza nas dependencias da Armada en Ferrol.
07/2/14.

Este atraso no pago das nóminas non é algo novo, xa que dende maio de 2013 (data na que esta empresa colleu a contrata), “só en dous meses pagou as nóminas dentro do prazo legal , antes do día 4 de cada mes”, apunta o co-voceiro comarcal, Xesús A. López Pintos.

A CIG, xunto con UGT, xa participou en concentracións de protesta por estes feitos ante as portas do Arsenal de Ferrol. E á vista de que a empresa non corrixe esta situación, non se descarta unha convocatoria de folga se a compañía non cumpre cos pagos tal como establece o convenio colectivo.

Relacionado: A CIG de Ferrol denuncia a negativa de Cleanet Empresarial a subrogar a catro traballadoras