Persoal da limpeza do Xeral de Vigo convocan nova folga en defensa das condicións laborais

A concesionaria Clece comunicou a aplicación do convenio provincial e a presentou un ERE
O cadro de persoal de Clece, concesionaria da limpeza do hospital Xeral de Vigo, decidiron hoxe en asemblea convocar unha nova folga indefinida en defensa das súas condicións laborais despois de que a empresa lles comunicase a aplicación do convenio provincial e a presentación dun ERE.
04/4/14.

Dende a CIG-Servizos de Vigo explican que tras o laudo arbitral que rematou coa folga do mes de outubro e polo que a empresa tiña que respectar as condicións do convenio colectivo as negociacións entre as partes continuaron durante dous meses. “En marzo, hai tres semanas, tivemos unha mediación no AGA, acadando un preacordo”.

Pero Clece tiña que consultar en Madrid o pactado coa representación dos traballadores/as, e aos dous días volveuse atrás. “Este martes entregoulle ao comité dous cartas, unha de modificación substancial das condicións laborais para aplicar o convenio colectivo de limpeza de Pontevedra e outra na que anuncia a aplicación dun ERE a todo o cadro de persoal”.

Diante disto, os empregados/as celebraron hoxe mesmo unha asemblea na que se tomaron as seguintes decisións por unanimidade:

-Comezar mobilizacións diarias a partir do luns día 7 de 10.00 a 10.30 e de 18.00 a 18.30.

-Convocar folga indefinida a partir do 21 de abril, despois da Semana Santa.