O persoal de limpeza de Gaia suspende a folga temporalmente ante o inicio da mediación do AGA

A primeira reunión entre as partes terá lugar este mesmo xoves, 8 de maio
As traballadoras e traballadores dos servizos de limpeza de Gaia acordaron suspender a partir de mañá, mércores 7 de maio, a folga iniciada hai máis de dúas semanas, ao conseguir que se fixe unha data para a mediación do AGA no conflito colectivo presentado contra a modificación das condicións de traballo.
06/5/14.

Como mostra de boa fe na negociación e co ánimo de crear un clima favorábel para conseguir un acordo que poña fin ao conflito que se vive nos complexos deportivos, o persoal acordou suspender a medida de presión, á espera do que dea si a mediación.

Dende o Comité apuntan que a fixación dunha data para o AGA propiciouse grazas á mediación da interventora, coa que a representación dos traballadores e as traballadoras mantivo na mañá do luns unha reunión. A raíz dese encontro a empresa aceptou someterse á mediación, e o Consello Galego de Relacións Laborais acelerou os trámites para poder iniciar xa este mesmo xoves, 8 de maio, as negociacións.