O persoal de Diario de Pontevedra acorda en asemblea convocar unha semana de folga

A decisión tomase logo de despediren o pasado martes 7 traballadores/as: 2 de administración, 1 de preimpresión e 4 de redacción
As traballadoras e traballadores de Diario de Pontevedra acordaron en asemblea a convocatoria dunha semana de folga. A decisión, que foi adoptada por todo o persoal cun só voto en contra, tomouse logo de que o pasado martes a empresa comunicara o despedimento a sete traballadores/as.
30/10/14.

Na empresa Lérez Ediciones S.L., que publica Diario de Pontevedra e pertence ao Grupo El Progreso, está vixente un ERE suspensivo até abril de 2016. Malia isto, procedeu este martes a despedir a 7 traballadores e traballadoras: 2 de administración, 1 de preimpresión e 4 de redacción.

Ante isto a asemblea de traballadores/as decidiu, a proposta da CIG e cun só voto en contra, convocar unha folga dunha semana de duración que comezaría o vindeiro 5 de novembro e que podería chegar a se converter en indefinida se a empresa non reconsidera a súa decisión.