A CIG obtén a representación sindical na empresa UTE San José El Ejidillo Xardíns Ferrol

A Federación de Servizos destaca o compromiso do persoal co sindicalismo de clase e combativo
A CIG obtivo a representación sindical na empresa UTE San José El Ejidillo-Xardíns Ferrol. A empresa que conta cunha trintena de traballadores/as é a concesionaria do servizo de xardinería e coidado de instalacións deportivas do Concello de Ferrol.
03/11/14.

No proceso electoral desenvolvido na tarde do pasado venres, a CIG obtivo a representación sindical acadando dous terzos dos votos emitidos, mentres que a candidatura da UGT obtivo apenas un terzo dos mesmos, non logrando representación.

Desde a Federación de Servizos da CIG valórase moi positivamente o resultado, “pois este prodúcese logo de catro anos nos que o noso sindicato ostentaba 2 dos 3 delegados que nese proceso se escolleron e reafirmase así o compromiso da maior parte do persoal cun sindicato de clase e combativo como é a CIG”, indican nun comunicado.

Un compromiso que, conclúen, a “CIG-Servizos agradece e ao que responderá con traballo e dedicación”.