CIG foi a forza máis votada nas eleccións sindicais na empresa Linorsa na provincia de Pontevedra

A central nacionalista tamén logrou as cinco delegadas/os do comité de empresa de Bershka a nivel provincial
A federación de Servizos da CIG foi a forza máis votada nas eleccións sindiciais celebradas este martes na empresa Linorsa no conxunto da provincia de Pontevedra, ao sumar 54 apoios e cinco delegadas/os. A central nacionalista tamén logrou as cinco delegadas/os que se escollían no comité provincial de Bershka, sendo o único sindicato que foi quen de presentar candidatura.
26/3/15.

A CIG-Servizos volveu colleitar un moi bo resultado no proceso electoral provincial nestas dúas empresas. No caso de Linorsa, a central nacionalista sumou un voto máis que a UGT, obtendo cinco delegadas/os, as mesmas/os que o sindicato español; a continuación situouse CCOO, con 30 votos e tres delegadas/os.

Dende a federación agradecen o apoio recibido por parte do cadro de persoal da empresa de limpeza e salientan que en plena crise económica “logramos manter o convenio colectivo sen eliminar ningunha das melloras existentes”.

Por outra banda, a central nacionalista sumou as cinco delegadas/os que se escollían no comité provincial de Pontevedra da empresa téxtil Bershka, sendo a única forza sindical que foi quen de presentar candidatura.