Os empresarios desbotan a nova plataforma da CIG-Servizos e CC.OO

23/2/10.A patronal das residencias privadas da terceira idade rexeitou a plataforma de convenio que presentaran hai un mes CIG-Servizos e CC.OO, pese a que rebaixaba as pretensións económicas da parte social. Ambos sindicatos anunciaron que, de non haber acordo na reunión da comisión paritaria, solicitarán unha arbitraxe. Os empresarios, pola súa banda, aseguran que non aceptarán subas que superen o 1%.

No decurso da reunión da comisión negociadora do 24 de febreiro, CIG-Servizos e CC.OO solicitaron a convocatoria da comisión paritaria coa intención de que se poña en práctica o disposto na Disposición Adicional 4ª do convenio actual, isto é, a aplicación automática das melloras contempladas no texto estatal. Esta cláusula permite acadar un incremento superior ao que a patronal ofrece.

CIG-Servizos e CC.OO manifestaron que deixan aberta a porta para retomar a negociación pero sempre e cando esta sexa seria e se desenvolva con respecto. O mediador non deu por rotas as negociacións mais si lles requiriu aos empresarios que entreguen unha proposta que garanta, cando menos, as condicións económicas do convenio actual.

AdxuntoTamaño
panfleto_residencias_8.pdf22.75 KB