Os salarios incrementaranse un 5% en 2011

31/3/11.

A Sala do Social da Audiencia Nacional recoñece o dereito dos traballadores afectados polo convenio de servizos de atención ás persoas dependentes a que se lles incremente o soldo nun 5% en 2011. O Tribunal tamén ordena que se lles abonen aos empregados os pluses de domingos e festivos a razón de 18 euros con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro en curso.

Coa presente resolución, a Audiencia Nacional estimou unha demanda de conflito colectivo presentada contra as patronais FED, FNM e LARES.