A patronal apraza a constitución da mesa negociadora do novo convenio
O convenio galego de axuda a domicilio, cuxa vixencia expira o 31 de decembro, foi denunciado polas parte social e empresarial co propósito de iniciar a negociación do novo texto. Porén, a patronal négase a constituír de inmediato a mesa e pretende adiar este procedemento até abril de 2012.
A representación empresarial manifestou que algúns dos seus asociados queren adherirse ao convenio estatal e entende que, por esta circunstancia, debe aprazarse a constitución da mesa até abril de 2012.
CC.OO, UGT e CIG-Servizos non entenden os motivos esgrimidos pola patronal e solicitan que a comisión se estabeleza de inmediato.
En relación co conflito colectivo presentado no Tribunal Superior de Xustiza, os empresarios propoñen aplicar o incremento do 5% con efectos do 01-01-2012 e facer efectivos os atrasos correspondentes ao 2011 ao longo do vindeiro ano.
Mentres, as centrais sindicais realizaron a seguinte contraoferta, que axiña foi rexeitada pola representación empresarial:
- Incremento no ano 2012 segundo o estabelecido no artigo 7 do convenio colectivo.
- O aboamento dos atrasos do 5% do ano 2011 farase efectivo de xeito rateado no primeiro trimestre de 2012.
- Constituída a mesa negociadora na presente xuntanza adiarase a seguinte reunión entre o 1 e o 5 de abril de 2012.
| Adxunto | Tamaño |
|---|---|
| Acta da xuntanza do 20-12-2011 | 98.56 KB |



