Patronal e sindicatos españois exclúen CIG-Servizos das negociacións

05/8/09.A patronal do sector dos Grandes Almacéns e as centrais FETICO, FASGA, CC.OO e UGT están a desenvolver no máis absoluto escurantismo as negociacións do convenio, de ámbito estatal. A CIG e o sindicato vasco LAB non foron avisadas para participar nas últimas xuntanzas, malia teren pleno dereito tendo en conta a súa representatividade no sector.

A Federación de Servizos da CIG ten constancia de que se celebraron varias xuntanzas sen que esta fose avisada (as do 29 e 30 de xullo). Para o día 5 de agosto había programada outra, mais a CIG-Servizos foi comunicada con escasa marxe de tempo para poder acudir a esta cita.

AdxuntoTamaño
Panfleto_alcampo_convenio_2009.pdf17.57 KB