A patronal non quere aplicar a suba salarial de 2012

29/12/11.

A patronal da seguridade privada quere diferir durante tres anos o incremento salarial acordado no convenio para 2012 (IPC real de 2011 máis o 2%), o que implicaría a ampliación da súa vixencia dous anos máis, até o 31 de decembro de 2014. Esta proposta fixéronllela os empresarios aos sindicatos nunha xuntanza celebrada en Madrid o 29 de decembro.

CIG-Servizos recolleu a proposta dos empresarios e manifestou que a estudará, mais expresoulles o seu malestar por abrir a comisión negociadora. Tamén lles recordou que é preciso respectar os convenios en vixencia. A Federación estivo representada na xuntanza do 29 de decembro polo secretario nacional, Paulo Rubido, e mais polo secretario federal de Negociación Colectiva, Pedro Pérez Caride.

Acta da reunión