A patronal presenta unha oferta insuficiente
07/7/11.
A patronal do comercio do metal da provincia de Pontevedra presentou na mesa de negociación do 7 de xullo unha oferta de convenio que dificulta seriamente a consecución dun acordo. Os puntos máis salientábeis da proposta dos empresarios son os seguintes:
- Vixencia: 3 anos.
- Salario: 2011: 0%, 2012: 0´25%, 2013: 1%.
- Sen revisión.
- Descolgue salarial: pendente redacción.
- Xornada: pendente redacción.
- Distribución irregular da xornada nun 10%.
- Absentismo: reducir o complemento de IT.
- Licenzas: reducilas.
- Réxime disciplinario: tipificar as faltas.
- Acumulación de lactancia: pasar de 15 días a 16.
- Seguro: aumentalo a 20.000 euros.



