Publicada no BOP de Lugo a Acta pola que se aproban os dias inhábiles para 2013

16/7/13.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 16 de Xullo de 2013 vense de publicar a Acta do acordo da comisión negociadora do Convenio do Comercio do Metal da Provincia de Lugo pola que se declaran inhábiles os dias 26 de xulllo de 2013, 16 de agosto de 2013 e 11 de outubro de 2013 debido ao exceso sobre a xornada anual de traballo de 1.776 horas, e cada traballador disfrutará no ano 2013 como días inhábiles ou non laborables e retribuidos, a maiores dos días 24 e 31 de decembro nos termos indicados no texto do Convenio.