Publicado convenio até decembro de 2020

27/11/17.

O BOP de Lugo do luns 27 de novembro de 2017 publica o convenio da empresa FCC para o persoal de recollida e transporte de RSU, limpeza viaria e outros servizos complementarios do Concello de Monforte de Lemos. Este convenio conta cunha vixencia de entre o 1 de xaneiro de 2017 até o 31 de decembro de 2020.