Publicado no BOP da Coruña acordo de ultraactividade do convenio, con modificacións nunha serie de artigos

09/12/13.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 9 de Decembro recolle a publicación dun acordo de modificación do convenio colectivo vigorante que afecta ao artigo 7 ('mobilidade xeográfica, funcional e entre parques'), artigo 9 ('horarios, xornada e pacto de distribución irregular da xornada'), artigo 11 ('horas traballadas e horas extraordinarias'), artigo 17 ('incapacidade temporal') e artigo 28 ('formación obrigatoria').