Publicado no BOP da Coruña o Laudo arbitral sobre as quendas de 24 horas

10/1/14.

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de 10 de xaneiro de 2014 fica publicado o Laudo arbitral polo que se declaran aplicábeis as quendas de 24 horas aos bombeiros da empresa mentres non exista pronunciamento administrativo ou xudicial e sempre e cando se garanta que iso, na súa realización, non afecte á saúde dos traballadores.