Racha a mesa negociadora das Residencias Privadas da Terceira Idade

18/9/09.

A postura intransixente e as propostas involucionistas da patronal en materia salarial e de dereitos dos traballadores e traballadoras ocasionaron que a parte social rachase a mesa de negociación do convenio galego de Residencias Privadas da Terceira Idade.

CIG-Servizos informará os empregados e empregadas do sector en asembleas do acontecido na última xuntanza negociadora, o 17 de setembro, onde os empresarios continuaron coa súa actitude despótica propondo ofertas completamente regresivas. En breve coñecerase o calendario de mobilizacións.