Reunión 14ª: Os vaivéns dos sindicatos españois encoraxan a patronal da seguridade privada

11/4/10.

As propostas económicas de mínimos que defenden os sindicatos españois na seguridade privada, xunto coa fracaso da UGT ao promover unha folga que posteriormente suspendeu, están a insuflar ánimos á patronal. Os empresarios, non contentos con pretender conxelar os salarios en 2009, queren agora estender esta medida ao ano 2010 e ampliar a vixencia do convenio até 2013.

CIG-Servizos non asume a proposta presentada por CC.OO e USO na reunión da comisión negociadora do 12 de abril, que consiste en conxelar os salarios en 2009 e aumentalos de acordo co IPC real máis un 1´4% nos anos 2010 e 2011 en todos os conceptos salariais. Dita oferta representa un retroceso nas pretensións económicas defendidas pola CIG-Servizos e dista moito dos mínimos que o sindicato se marcou nesta negociación. Por tanto, a central nacionalista quere expresar o seguinte:

  • Non aceptamos a conxelación salarial en 2009.
  • Mantemos os 12 puntos expresados na acta 3, xa que coinciden coas propostas incluídas na plataforma que presentamos, que contempla aspectos que consideramos imprescindíbeis para unha negociación seria.
  • Tamén é un obxectivo irrenunciábel buscar solucións á discriminación salarial xerada no anterior convenio a respecto das diferentes contías existentes no cobro do Plus de Perigosidade.

A vindeira reunión da comisión negociadora celebrarase o 19 de abril, cita na que a patronal se comprometeu a entregar unha proposta formal e por escrito de carácter económico.

AdxuntoTamaño
Acta 14ª (12-04-2010)424.8 KB