Sentenza da Audiencia Nacional que suprime varios preceptos do convenio

18/3/10.

Sentenza da Sala do Social da Audiencia Nacional (procedemento: 0000253/2009) que anula os seguintes preceptos do convenio estatal de Grandes almacéns:

A) No artigo 42.2 do seu articulado anúlanse, como materias reservadas, as seguintes: aspectos xerais da promoción profesional e réxime de ascensos, estrutura salarial, salarios base e sectoriais e o seu incremento, xornada máxima e a súa regulación básica, formación profesional e réxime de representación colectiva.

B) No artigo 9.cuarto.1.°, anúlase o inciso "que realicen unha xornada igual ou superior ao 80% da máxima prevista no Convenio".

C) No artigo 9.cuarto.6.°, substitúese a frase "durante un tempo de 25 meses" pola de "durante un tempo de 24 meses", referida a empregados pola mesma empresa, e suprímese a referencia aos contratos concertados para o fomento de emprego de minusválidos.

D) No artigo 47.parágrafo 3.°, suprímese o inciso final que di "esta en proporción á súa xornada".