A CIG-Servizos mobilízase contra a represión sindical no bingo Castelo Real de Vigo

Vigo -
Reclama a readmisión das dúas persoas traballadoras que foron despedidas tras comunicar o preaviso de eleccións sindicais na empresa

Persoal monitor da rede de comedores escolares de Santiago mobilízase contra a precariedade

Santiago de Compostela -
Reclaman un acordo de melloras salariais e sociais e medidas para corrixir a sobrecarga de traballo

A Inspección atende unha denuncia da CIG e obriga a Supermercados DIA a pagar polo convenio provincial de Pontevedra

Pontevedra -
A autoridade laboral constata unha infracción moi grave por remunerar por debaixo do establecido e abre liquidación de cotas á Seguridade Social por 120 mil euros

A limpeza hospitalaria de Vilagarcía, Ribeira e Cee secunda a folga pola equiparación laboral

Vilagarcía/Ribeira/Cee -
As persoas traballadoras continúan a desenvolver mobilizacións en cada un dos centros en demanda dunhas mellores condicións

“Sen saúde laboral Mercadona vai moi mal!”

Vigo -
A CIG-Servizos mobilizouse hoxe contra o acoso na empresa de alimentación coincidindo coa inauguración dun supermercado en Vigo

Manifestación nacional do sector de coidados e de atención ás persoas en Santiago este sábado día 22

Nacional -
A CIG-Servizos ten en marcha unha campaña de folgas e mobilizacións para reclamar convenios colectivos que dignifiquen as condicións laborais

Convocada nova protesta contra o acoso laboral en Mercadona coincidindo coa inauguración dun supermercado en Vigo

Vigo -
A concentración terá lugar este luns 17 en García Barbón ás 11:30 horas

O persoal da piscina das Pontes mobilizarase para exixir o cobro da contías salariais pendentes dende xuño

As Pontes -
Reclaman a actuación do Concello ante a persistencia do impago por parte da anterior concesionaria, Serviplustotal

A Fiscalía abre unha investigación sobre as irregularidades na xestión do SAF de Ponteareas

Ponteareas -
Requírelle ao Concello documentación dos trámites realizados tras as denuncias do persoal, por se puidese existir un delito de prevaricación

O persoal da limpeza hospitalaria de Vilagarcía, Ribeira e Cee, en loita pola equiparación laboral e salarial

Vilagarcía/Ribeira/Cee -
No Salnés e no Barbanza as traballadoras/es levan dous días de folga parcial, e no Hospital Virxe da Xunqueira e no de Vilagarcía hoxe desenvolveron concentracións

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.