
Persoal da CRTVG solicita dimisión do director xeral e responsábel de Informativos pola cobertura dos lumes
A CIG solidarízase cos/coas profesionais e denuncia o desmantelamento do servizo

En Familia-Eroski: cinco anos cos salarios conxelados e coas peores condicións laborais do sector
A CIG reclama unha suba dos soldos acorde cos excelentes resultados económicos do grupo empresarial

A CIG aposta por convocar folga na seguridade privada diante do bloqueo das negociacións do convenio
A central denuncia que tras 10 meses de contactos a patronal continúa a facer propostas insuficientes

A CIG-Servizos mobilízase no aeroporto de Santiago contra o acoso laboral de Prosegur a un delegado
A empresa xa foi sancionada con anterioridade mesmo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza

O Xulgado anula os calendarios laborais que Ferrovial Servizos lle impuxo ao seu persoal
A empresa ten a concesión das instalacións deportivas municipais do Concello da Coruña
A CIG-Servizos urxe a investigar as irregularidades detectadas na piscina mancomunada do Val Miñor
Na central insisten en que Serviocio segue a beneficiar unha instalación privada en detrimento da pública

Nova condena a Urbaser Lugo por vulneración dos dereitos fundamentais
A empresa ten que recoñecer o delegado da sección sindical e indemnizar o traballador e a CIG

Descubertas cámaras de vídeo ocultas na cociña da cafetería do Hospital do Barbanza
A empresa que xestiona o servizo, ARAMARK, é a mesma que ten a concesión no Hospital Clínico

A empresa ARAMARK recoñece a instalación de cámaras ocultas na cafetería de persoal do CHUS
O Xerente asegurou descoñecer a súa existencia nunha xuntanza coa CIG a semana pasada

Atopan cámara oculta de vídeo e audio na sala de descanso do persoal da cafetería do H. Clínico
A CIG exixe que se depuren responsabilidades e anuncia unha denuncia pola vía penal

Carrefour Lugo, obrigada a converter en indefinidos contratos eventuais en fraude de lei
Tras a denuncia presentada pola Sección Sindical da CIG na Inspección de Traballo
Denuncian desmantelamento da piscina mancomunada do Val Miñor para favorecer a unha empresa privada
A CIG-Servizos advirte que o abandono da instalación pública suporá despedimentos
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.