
Seguimento do 100% no primeiro día de paro na limpeza das dependencias municipais de Vigo
Urbaser vulnera o prego e o convenio, e négase a negociar un novo acordo con condicións laborais dignas

Folga indefinida na limpeza hospitalaria de Pontevedra para reclamar unhas condicións laborais dignas
A concesionaria négase a pactar un convenio que garanta dereitos sociais e poder adquisitivo

O persoal da empresa de augas de Ferrol (Emafesa) acorda iniciar mobilizacións polo seu convenio
O comité avanza que haberá folga indefinida se a compañía teima na súas propostas inasumíbeis

O persoal da CRTVG mobilízase contra os despedimentos e pola consolidación do emprego temporal
Teñen en marcha un calendario que inclúe varias xornadas de folga na radio e a tele públicas

A CIG non negociará un novo convenio colectivo de Axuda no Fogar mentres non se actualicen os salarios
Trasladoulle á patronal a necesidade de incrementar os soldos deste ano en base ao 6,5% do IPC de 2021
Folga indefinida na limpeza das dependencias municipais do Concello de Vigo polos incumprimentos da empresa
Urbaser vulnera o prego de condicións e o convenio e négase a negociar un novo acordo digno

A sección sindical da CIG denuncia prácticas de cesión ilegal de persoal no Carrefour de Lugo
A compañía utiliza traballadores/as das marcas para facer as tarefas de reposición das mercadorías

Traballadores da recollida do lixo de Valvodiño reclaman condicións dignas e que se saque a concurso o servizo
O actual contrato caducou hai tres anos pero FCC está recortando dereitos laborais

CIG-Servizos anuncia unha loita prolongada pola dignidade das traballadoras das residencias da 3ª idade
Cualificaron de “migallas” o convenio asinado por CCOO, UGT e a patronal

A CIG-Servizos denuncia os intentos de OHL Servicios Ingesan de criminalizar as traballadoras de axuda no fogar
A empresa contratou unha compañía para controlar os procesos de IT do persoal

A CIG obtén a maioría absoluta dos votos nas eleccións sindicais na planta de reciclaxe de Lousame
A candidatura da central sindical obtivo 64 votos, fronte os 21 de CCOO e os 29 de UGT

A CIG non asina o convenio de residencias e centros de día privados ao non garantir condicións laborais dignas
O acordo non contempla cláusula de revisión salarial e establece unha redución de xornada insuficiente

Persoal dos centros sociaculturais concéntrase diante do concello de Santiago en demanda dunha negociación
Ven os seus dereitos laborais en perigo tras da publicación dos pregos para as novas contratas
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.