O xulgado declara o embargo a Mug Dolce Café (Caffé Vecchio) para pagar salarios e indemnizacións
A empresa foi condenada por fraude na contratación e pola agresión a un traballador
Os traballadores/as de Albada acordan suspender a folga tras aprobar o Concello a intervención da planta de Nostián
A medida suporá a retirada do ERTE e manter as condicións laborais
Seguimento total da folga en Albada, que xa notificou o ERTE ao persoal afectado
A CIG demanda a actuación inmediata do Concello e que proceda ao rescate ou intervención da planta
O persoal da planta de recollida e tratamento de lixo de Lousame irá á folga desde o 21 de decembro
Non houbo ningún avance na negociación do convenio por parte da empresa
Arranca a folga indefinida na planta de tratamento de residuos de Albada
Dende ás 22 horas un piquete permanece diante das instalacións
O 100% do persoal da planta de recollida e tratamento de lixo de Lousame secunda a folga
Traballadoras e traballadores concéntranse desde as 6:00 h da mañá diante da empresa
O persoal de Axuda a Domicilio de Miño mobilizarase se o servizo se adxudica a Virxe do Carme
A empresa, que xa presta o servizo, incumpre de maneira sistemática o convenio e os pregos
O persoal de Albada irá á folga indefinida ao non achegar o Concello da Coruña garantías suficientes
O comité mantivo un encontro coa alcaldesa, que non descartou o rescate da concesión
O comité da planta de tratamento e recollida de lixo de Lousame convoca folga para o día 7 de decembro
Agarda que non se chegue a efectivizar mais de non se atender as súas demandas estenderase
O Xulgado paraliza as eleccións nos Gadis de Ourense polas manobras da dirección contra a candidatura da CIG
A central mobilizouse en defensa da liberdade sindical na empresa
O persoal de Lefties e Zara mobilizarase este venres contra a discriminación que sofre por parte da empresa
O comité ten convocada unha concentración ás 11:00 horas no centro comercial de Marineda
Ferrovial volve adxudícarse a limpeza do CHUF cunha oferta que imposibilita cumprir pregos e salarios
A CIG impugna o contrato a esta empresa, que acumula un longo historial de incumprimentos
O persoal de Axuda a Domicilio de Ourense cumpre unha semana de protestas diarias en defensa do servizo
Reclaman a municipalización despois de que o concurso de adxudicación quedase deserto
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

