
Xornalistas da CRTVG e da CRTVE claman contra a manipulación informativa nos medios públicos
Reclaman poder informar “desde a imparcialidade, a pluralidade e a veracidade”

O persoal de Seaga iniciará unha folga indefinida o 16 de setembro ante a falta de respostas da Xunta
A restruturación do Servizo contra Incendios Forestais non garante a continuidade dos actuais traballadores/as

O comité da CRTVG pide a Bruxelas que remate a manipulación do Goberno galego no medio público
Ana Miranda reuniuse coa representación social para abordar a admisión a trámite da denuncia

A CIG expresa o seu apoio á mobilización do 8 de setembro “Pola dignidade dos medios públicos de Galiza”
Demanda medios públicos que cumpran coa finalidade para a que foron creados: a defensa da identidade, cultura e lingua das e dos galegos

Os catro comités de empresa de Seaga apoian a manifestación dos axentes ambientais e forestais
Súmanse ás reivindicacións do colectivo e chaman os brigadistas a participar na mobilización de Vigo

O TSXG confirma que nas subrogacións na seguridade privada as débedas pasan á empresa entrante
A resolución dálle a razón á CIG e chega tras unha recente sentenza do Tribunal de Xustiza Europeo
A CIG reforza a maioría absoluta nos comités de empresa de Seaga
A central logrou cinco delegados/as máis con respecto ao anterior proceso de eleccións sindicais
Preacordo no convenio da recollida do lixo de Nigrán ao aceptar a empresa unha suba salarial do 14% en tres anos
O cadro de persoal de Cespa decidirá en asemblea se ratifica o texto e desconvoca a folga indefinida
Empresa e comité chegan a un preacordo sobre o convenio do servizo de mantemento dos parques e xardíns de Vigo
O cadro de persoal de Althenia decidirá en asemblea se ratifica o texto e desconvoca a folga

Éxito rotundo da folga convocada no Hostal dos Reis Católicos
O comité estuda demandar á empresa por substituír a folguistas mesmo por persoal de prácticas
Adíanse as folgas do mantemento de parques e xardíns de Vigo e da recollida do lixo de Nigrán á espera da mediación
Nun caso trasládase ao venres e no outro queda a expensas do que suceda na xuntanza deste xoves

A CIG mobilízase nun supermercado Gadis contra o traballo gratuíto
O persoal da cadea realizada xornadas excesivas que nin se pagan nin se compensan nin cotizan

Convocada folga no hostal dos Reis Católicos os días 24 e 25 de xullo
Denuncian a manipulación da empresa nos medios de comunicación
Sectores produtivos relacionados coa federación
Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.
Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.